Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xogos populares, magosto e música tradicional no Samaín

RR_Noticias

A Alameda acollerá a partir das 16:30 horas do sábado diferentes actividades que inclúen obradoiros para os cativos, xogos populares, magosto e un serán a partir das 21:00 horas

A alameda redondelá acollerá este sábado actividades para todos os públicos e todas as idades. O espacio será ocupado a partir das 16:30 polos máis cativos quen durante dúas horas participarán en diferentes obradoiros organizados pola asociación Xoeira. A continuación chegará o momento do magosto e os xogos populares, onde pais e fillos poderán interactuar compartindo xogos como a mariquitiña, a chave ou o trompo. Escoitamos a Mirian Lamas A partir das nove haberá un serán popular con música tradicional e queimada para o público adulto onde están convidados a participar todos os que o desexen. As actividades contan coa colaboración de diferentes asociación, ademais de Xoeira participa o colectivo millo Verde, a Asociación Xuvenil Asubíos de Portocedeira e a asociación cultural Santa María do Viso

Mirian Lemos
Os xogos populares recuperan actividades que moitos nenos nin coñecen
Magosto e serán
Haberá actividades para grandes e cativos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará