Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Instituto de Chapela premiado por un proxecto de educación vial

RR_Noticias

Os Ministerios de Interior e Educación recoñecen a traxectoria que o centro ven realizando dende o ano 98 con experiencias como a investigación realizada polos alumnos en torno ao accidente de Jenaro de la Fuente  

O IES de Chapela recibiu onte un accésit na modalidade de Centros públicos de Eduación Secundaria, Bacherelato e Formación profesional polo seu proxecto “Pisando forte en eduación vial” no marco da terceira edición dos premios Educación e seguridade no entorno escolar que entregan os Ministerios de Interior e Educación. Con este galardón recoñécese unha traxectoria de traballos que o centro educativo ven desenvolvendo dende o ano 98 coa posta en marcha de diferentes traballos sobre educación en valores e en concreto, en educación vial co alumnado de 4º de ESO. Entre as experiencias relatadas trasladouse ao Ministerio a investigación realizada polos alumnos en torno ao tráxico accidente de Jenaro de la Fuente en xaneiro do 2008, no que unha carreira ilegal provocou a morte dun matrimonio. Tamén se destacou o análise que os estudantes fixeron o pasado ano das noticias de prensa con referencia a accidentes de tráfico e o posterior estudo das circunstancias en que estes se produciron así como a análise de como se poderían ter evitado. O centro tamén orienta os seus esforzos en sensibilizar aos rapaces con experiencias en primeira persoa, con charlas a cargo dos bombeiros que participan en excarceracións e atención a accidentados ou coa presenza dos propias vítimas O obxectivo destes galardóns é recoñecer aqueles centros docentes públicos que fomenten as experiencias educativas dirixidas á seguridade, á prevención e á participación para afrontar situacións de risco como protección ante emerxencias e seguridade vial. Ademais pretenden que o alumnado coñeza de preto estes servizos públicos e decida colaborar activamente na cultura da seguridade.

Esther Mato orientadora do IES
O galardon recoñece unha traxectoria de hai máis dunha década
Experiencias personais
A sensibilización entre os rapaces é maior cando coñecen a experiencia das vítimas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará