Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Redondela premiada co María Moliner de animación á lectura

RR_Noticias

O Ministerio de Cultura recoñeceu así a campaña “A Semana do Libro: A Festa da Palabra”, organizada co gallo do Día do Libro pola Biblioteca Vallen Inclán e a Axencia de Lectura de Chapela.

A Biblioteca Valle Inclán foi galardoada co Premio de Animación á lectura María Moliner, que convoca cada ano o Ministerio de Cultura xunto á Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-cola España polo labor desenvolvido na promoción da lectura no concello. O premio, na súa décimos segunda edición, recoñece a campaña que a Biblioteca municipal xunto á Axencia de Lectura de Chapela e a Concellería de Cultura e o Departamento de Normalización Lingüística organizaron con motivo do Día do Libro. O programa, “A Semana do Libro: A Festa da Palabra”  permitiu achegar o mundo da lectura á rúa. Durante unha semana expositores con libros en galego, castelán, portugués, euskera e catalán estiveron instalados na Alameda de Chapela, nos soportais do Concello, e nos edificios dos Multiusos tanto de Chapela como de Redondela, o que permitiu levar a lectura e os servizos que ofrece a biblioteca a todo tipo de públicos e a lugares onde normalmente non chega.  Por este labor a biblioteca recibirá un lote bibliográfico con 200 libros infantís. Ademais os tres mellores proxectos tamén gozarán dun premio en metálico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará