Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A campaña Palabras do Ar achega aos escolares obradoiros de escrita e oralidade.

RR_Noticias

Un total de 800 alumnos menores de once anos está a participar nas actividades do programa Bocaberta da Concellería de Normalización Lingüística de Redondela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Durante toda a semana esta iniciativa que desenvolve a editorial Kalandraka dentro do programa “Bocaberta”  da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará a 800 escolares de diferentes centro educativos do municipio obradoiros de oralidade e de escrita creativa.
As actividades están orientadas a rapaces ata os once anos de idade dos Colexios de educación Infantil e Primaria Alexandre Bóveda, Laredo, Trasmañó, Cedeira, Santa Marina, Quintela, Outeiro das Penas, Igrexa de Chapela, Porto Cabeiro, Santo Paio de Abaixo así como ás escolas da Marisma, San Pedro de Cesantes e Ventosela. A evolución das actividades pódese seguir diariamente a través da web www.palabrasnoar.org.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará