Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A plataforma rexeita que a A-59 sexa unha alternativa a Rande

RR_Noticias

Critican que o ministro de Fomento trate de venderlle á cidadanía a futura autovía como alternativa á AP-9 cando o percorrido desta vía “é case o dobre” e remata no aeroporto “un punto onde a frecuencia diaria de tráfico é maior que na ponte”. Alertan que as afeccións afectarán tamén a Cesantes
 

A plataforma cidadá contra a autovía asegurar que as palabras do Ministro de Fomento, José Blanco nas que xustificaba a necesidade da rápida licitación e construcción da A-59 como alternativa á Rande responden a unha intento por parte dos estamentos políticos “de manipular e desinformar á cidadanía”.
Afirman que a futura autovía que conectará Vilaboa con Peinador en ningún caso será unha alternativa á ponte tendo en contra que “o percorrido é case o dobre e a velocidade á que poderán circular os vehículos estará limitada a 80 quilómetros por hora”. Engaden a todo insto que a A-59 rematará no aeroporto “punto onde a frecuencia diaria de tráfico é aínda maior que na ponte de Rande”.
Dende a plataforma avogan por continuar con actividades orientadas á informar aos veciños das consecuencias que esta infraestructura vai ter na comarca. consecuencias que concretan en o desaloxo de veciños das vivendas, ameaza os mananciais de alomenos 5 parroquias do concello e da propia enseada da San Simón e alteración da orografía dos montes comunais.
Engaden os membros da plataforma que ademais das repercusións xa coñecidas tanto na parroquia de Vilar como no Viso “Fomento xa ten claro por onde discorrerá a entrada norte da Autovía de Redondela, e parte deste trazado afectará á parroquia de Cesantes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará