A Concellería de Servizos Sociais ten aberto o prazo para matricularse no curso de formación de adultos que lles permitirá aos maiores de dezaseis anos sen titulación acceder á educación secundaria
Os cursos de Alfabetización de mulleres estranxeiras e de Alfabetización e Formación de Adultos/as organizado pola Concellaría de Servizos Sociais poñen en marcha o nivel II de alfabetización ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais.
Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de dezaseis anos sen ningunha titulación que desexen acceder a educación secundaria para persoas adultas, que queiran seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou ben potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política ou económica.
Este curso é totalmente gratuíto, subvencionado en parte pola Consellaría de Educación da Xunta de Galiza, e se leva a cabo os venres en horario de mañá.
Os interesados poden formalizar a matrícula no departamento de Servizos Sociais e Igualdade, na rúa Isidoro Queimaliños, nº 2, onde lles ofrecerán información detallada.
Para máis información consultar a páxina de Servizos Sociais do Concello de Redondela ou o teléfono 986 40 26 08.