A Sar logra un punto na súa visita a Avilés. O encontro ante o Cafés Toscaf rematou con empate a 24 tantos
O Cathering Ccanario lidera a categoría logo dunha contundente vitoria nun encontro disputado o sábado no pavillón de Chapela. Os de Fran Teixeira demostraron unha vez máis o bo momento de forma que está a vivir o equipo. Aínda que ao chegar ao descanso os locais perdían por un gol, na reanudación do encontro cinco minutos maxistrais lles serviron aos do Canario para situarse nun partido que remataría co resultado de 36 tantos para o Canario e 30 para o Calvo Xiria.
Na vindeira cita mediranse con outro dos equipos fortes da categoría, o Cafés Toscaf, cuarto na clasificación.
E precisamente o Toscaf foi o rival da Sar na fin de semana. O equipo de Redondela non logrou a vitoria, pero o empate na súa visita a Avilés serviulles para acadar un punto a maiores.
Cumpríronse as previsións, xa que a priori esperábase un partido igualado e así foi.. Os galegos mostraron a súa superioridade na primeira parte do encontro pero no último cuarto foi o Cafés Toscaf quen estivo máis acertado. Resultado final empate a 24 tantos
A Sar no oitavo posto da táboa recibe na vindeira semana na bomboneira ao Gaeva Bueu, undécimo.