Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Soutomaior e o Cesantes os únicos que levantan os malos resultados do fúlbol local

RR_Noticias

O Arcade, en Primeira Autonómica, empataba a ceros fronte ao Castrelos. Un empate que tamén repetía este conxunto en Terceira Autonómica fronte ao Bahía, a dous tantos.

 
Primeira Autonómica
Arcade-Castrelos (0-0) Os de Arcade afúndense na parte baixa da táboa despois de non conseguir imporse ao Castrelos esta semana. Ningún dos equipos foi quen de abrir o marcador, o que axudou o mal tempo que se viviu durante os 90 minutos do encontro. Os xogadores locais entraron con forza ao terreo de xogo pero os sextos da categoría fixeron valer o seu posto o que provocou que quedaran empatados a ceros. Deste xeito os de Arcade sitúanse na décimo sexta posición, tan só por riba do Arbo, o Caldas e o Poio. A vindeira semana tampouco o terán nada sinxelo, xa que xogarán cun dos seus rivais directos, o Vilariño, que está un posto por riba dos locais con tan só un punto menos.
Segunda Autonómica
Ribeira-Chapela (3-1). O Chapela non puido superar ao terceiro do grupo once, o Ribeira. Malia que os de Chapela non desistiron en ningún momento do encontro a superioridade dos Ribeirenses foi notable dende o primeiro minuto, malia todo os chapeláns conseguiron regresar a casa cun gol ao seu favor aínda que non cao vitoria. O Ribeira marcaría tres tantos que os consolidaba no terceiro posto da táboa tan só por viaxo do Guardés, que lidera a clasificación, e o Caldelas. Non está tan ben o Chapela que, malia estar na primeira metade da táboa, queda na sétima posición, con dezasete puntos, pero a vindeira semana terá a oportunidade de sumar puntos a súa clasificación, xa que xoga co último da táboa, o San Esteban, que no que vai de temporada só sumou sete puntos.
Terceira Autonómica
Cesantes- Cerponzones (2-0). Cumpríronse os prognósticos no campo do Cesantes que sen dificultades se impuxo ao cuarto pola cola,o Cerponzones. Dous foron os goles que anotaron os locais que suman tres puntos a súa categoría situándose na cuarta posición, tan só por baixo do Figueirido, que encabeza a categoría, o Estación, segundo, e o Gondar, o terceiro. Os de Cesantes tentarán sumar tres puntos a vindeira semana e continuar gabeando postos na táboa para situarse entre os tres primeiros, e non debería ter, a priori, moita dificultade, xa que xoga contra A Seca, que se atopa no sexto posto pola cola con nove puntos menos que os locais.
 
Caroi-Soutomaior (1-3). O Soutomaior consolídase na segunda posición do grupo dezaoito despois de gañarlle ao Caroi na súa casa por un tres. Un resultado que lle permite aos de Soutomaior acurtar distancias co líder da categoría o Bahía, do que tan só o separan dous puntos e pode que a vindeira semana se converta en líder xa que xoga co terceiro pola cola o Marín B, que polo momento tan só sumou seis punto, ao que temos que sumar que o Bahía a próxima xornada descansa.
Arcade-Bahía (2-2) O Arcade consolídase como un dos equipos máis fortes do grupo 18 da Terceira Autonómica, despois de empatar co líder o Bahía. Os locais conseguiron sumar un punto e asentarse na primeira metade da táboa na sexta posición. Aínda que foi un partido complicado, os xogadores do Arcade, conseguiron controlar todas as oportunidades do Bahía que foron moitas. O Praderrei será o seu rival a próxima semana, situado tres postos por baixo dos de Arcade e con tres puntos menos.
Sampaio-Choco (4-1). O Choco remata coa boa racha do último mes e tamén coas posibilidades de líder a categoría. Despois de ser cabeza de grupo os malos resultados das últimas xornadas afundiron aos locais no quinto posto da clasificación. Rachando todas as previsións os redondeláns non foron quen de gañarlle ao Sampaio, o décimo segundo da categoría na casa. Os choqueiros non tiveron o seu mellor partido, falta de acerto e predominio de balón fixeron que os xogadores do Sampaio non desaproveitaran ningunha das oportunidades que lles brindaron os redondeláns que foron moitas. Catro foron os goles que lle anotou o Sampaio, malia todo os locais non deixarían o marcador a cero e tamén anotaría un tanto aínda que non lles serviu de moito. Así as cousas o Choco queda no quinto posto empatado a dezanove puntos co cuarto o Pereiro, e a próxima xornada xoga cun dos equipos máis fortes da categoría o Santa Mariña, sétimo da clasificación.
Non se xogaron os partidos do Marín contra o Choco en Rexional Preferente. A próxima, os locais, que están no sexto posto con vinte puntos, xogan contra o cuarto pola cola, o Covadonga, con doce puntos. En Terceira Autonómica tamén se suspendeu o partido do Rubios e o Nespereira. Os locais ocupan a última posición do grupo 22 e a vindeira semana xogarán na casa contra o Castelao, que tampouco está moito mellor, xa que é quinto pola cola.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará