O departamento do Ministerio de Economía e Facenda elude un compromiso para transformar a ponte nun paseo peonil e só se compromete a rehabilitar a estrutura para evitar posibles desprendementos
A reunión que o alcalde Xaime Rei mantivo o venres con técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio non serviu para obter un compromiso do departamento do Ministerio de economía e Facenda para por en valor a vella ponte ferroviaria. Así o explicou o propio rexedor quen admitiu que o único compromiso de patrimonio -sen datas nin orzamentos- é para a rehabilitación da deteriorada estrutura, o que permitirá retirar a rede que dende o pasado verán envolve á ponte para evitar posibles desprendementos. Esta primeira actuación podería correr a cargo da empresa estatal Tragsa, o que permitiría salvar algún trámites burocrático. Con todo, a obra non se realizaría antes do 2010. Por outra banda, Rei recoñeceu que dende o Ministerio non se contempla polo de agora acometer a segunda fase do proxecto que consistiría en transformar o viaduto nun paseo peonil de vidro para uso da cidadanía. Un proxecto encargado polo propio departamento de patrimonio que habería que actualizar, dado que foi realizado no ano 2004.