Os artistas Milagros Oya e Ralf Jung mostran nunha exposición conxunta a súa reflexión sobre o fracaso tanto individual como social. A mostra pódese visitar ata o vindeiro 18 de decembro
Trátase dunha proposta artística multidisciplinar que combina a escultura, a literatura, a fotografía e a videocreación como medio de reflexión sobre o noso fracaso, tanto individual como social. Atoparémonos con rostros de diferentes personaxes realizados en granito galego policromado obra do escultor alemán Ralf Jung, mentres que os textos que o acompañan son obra da escritora viguesa Milagros Oya, quen nos falaba desta proposta artística. Un proxecto arriscado que se completa cun libro homónimo no que se recollen fotografías das esculturas, texto e pequenos relatos e imaxes propias. Oya convídanos a facer unha emocionante viaxe ós sentimentos e vivencias doutras persoas en situacións extremas como medio para a nosa propia introspección, buscando nas miradas alleas ese reflexo que nos conmove e nos permite identificarnos cos demais. Un paseo polas vidas dos outros e polo noso interior máis recóndito que se pode visitar ata o día 18 de decembro