Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma Cidadá convida aos veciños a participar nun magosto na praza do Concello

RR_Noticias

O alcalde recoñece que adiantou a data do pleno para evitar que o acto convocado pola plataforma coincidise coa sesión plenaria. Rexeita as acusacións do PP quen criticaban que “o alcalde se agochase dos veciño e non dese a cara”

A Plataforma Cidadá contra a autovía celebra esta tarde ás 20:00 horas un magosto na praza do concello. O colectivo convocara esta actividade hai unha semana coa intención de facer coincidir o magosto coa celebración do pleno de novembro que habitualmente se convoca o último mércores de cada mes. Nembargantes, esa coincidencia non foi posible logo de que o alcalde decidise adiantar a convocatoria. Xaime Rei confirmaba nos micrófonos da radio municipal que decidiu modificar a data da sesión ordinaria para garantir o bo desenvolvemento do pleno e lembrou, que aínda que os veciños teñen todo o dereito a manifestarse libremente a súa obriga e velar para que a institución municipal funcione correctamente. Rei rexeitou rotundamente as acusacións do PP quen a través da súa voceira o acusaran de “agocharse dos veciños sen dar a cara antes as posibles dificultades e inquedanzas destes”. A Plataforma mantén o magosto desta tarde e convida a veciños e colectivo que estean interesados no problema da autovía a que se acheguen para intercambiar información sobres as últimas novidades ao respecto así como de futuras actividades a desenvolver.

Xaime Rei
O alcadle recoñece que camio a data do pleno para non coincidir co acto convocado pola Plataforma
Críticas ao PP
Acusa aos populares de carecer de criterio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará