Antigos ferreiros da parroquia serán os protagonistas da charla coloquio que se desenvolverá mañá venres no Círculo Cultural Deportivo de Cesantes ás 20:30 horas. Antes da charla proxectarase o documental “Os ferreiros”
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes organiza este venres unha xornada sobre os oficios perdidos que se centrarán na figura dos ferreiros, no traballo que desenvolvían centrado principalmente na elaboración de ferramentas para os trábasllos no campo e no mar así como na historia das fraguas que existiron na comarca. A xornada de mañá arrancará ás 20:30 horas coa proxección do documental “Os ferreiros” e a continuación haberá unha charla na que participarán antigos ferreiros da parroquia de Cesantes. Premio fotográfico No mesmo acto farase entrega dos premios aos gañadores do IV concurso de fotografías organizado polo Obradoiro. En total foron 25 os participantes sendo a obra gañadora e polo tanto quen recibirá o premio de 300 euros que concede o colectivo o “Amencer no camiño de Santiago” de Marcos Rivas. Na categoría de adultos Cristina Izquierdo coa imaxe “Calma” foi merecedora do primeiro premio dotado de 100 euros mentres que Carmen Cuntín e a fotografía “Marea baixa” foi seleccionada polo xurado como a mellor na categoría infantil.