Os premios serán entregados mañá xoves co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A Asociación de Familiares de Enfermos Mentais de Redondela foi galardoada co Premio Carmen Ferro de Inserción Sociolaboral polo programa de acompañamento terapéutico “Vamos”. O premio, que concede cada ano a Deputación de Pontevedra, recoñece ás entidades de Iniciativa Social que traballan no ámbito da disapacidade física, psíquica e sensorial. Entre os oito proxectos presentados o xurado decidiu por unanimidade outórgalle o premio á Asociación Lenda, que recibirá seis mil euros polo traballo de inserción laboral que desenvolve con enfermos mentais no noso concello. Ademais, da Asociación Lenda, que recibirá 6.000 euros polo proxecto “Vamos”, tamén foi recoñecida na modalidade de Inserción Sociolaboral a tarefa desempeñada pola Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Deza de Lalín, polo seu proxecto “Taller de Lavandería”. No apartado de Inserción Social, o premio recaeu na Asociación Virxe da O de Pontevedra, polo proxecto “Vive tu ocio” que promoven visitas culturais, actividades en campamentos, obras de teatro, excursións para persoas con discapacidade. Os premios entregaranse mañá xoves coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade.