Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A autopsia desbota a intervención de terceiros na morte da moza de o Viso

RR_Noticias

Fontes cercanas á investigación apuntaban xa na tarde de onte a inxesta dun medicamento como causa probable do falecemento de Alejandra Soto-Alján, aínda que os forenses tampouco desbotan unha suba de tensión ou unha hipotermia.
 

O exame forense que se lle realizaba onte á menor de O Viso cuxo corpo sen vida aparecía nunha pista forestal da parroquia a primeira hora da mañá, desbota a intervención doutra persoa na súa morte e apunta que a moza puido ter inxerido sustancias que lle provocaron a morte. Unha posibilidade que se barallaba nada máis localizar o corpo xa que o mesmo non presentaba signos externos de violencia e a poucos metros do cadáver atopouse un frasco de medicamentos ao que lle faltaban numerosas pílulas. Durante toda a mañá de onte a Policía Científica recollía datos e pistas no lugar pata tentar aclarar os feitos.
Con todo haberá que esperar a novas probas que se realizarán no Instituto Toxicolóxico de Madrid para confirmar se foi a inxesta de barbitúricos o que causou o falecemento da rapaza.
A familia de Alejandra agradeceu a través dun comunicado o apoio recibido de veciños e amigos así como dos membros de Protección Civil e Policía Local que se mobilizaron para tentar atopar á rapaza. Ademais de amosar a súa “tremenda dor” pola morte da moza “en circunstancias tan pouco habituais” agradecían aos medios de comunicación a súa colaboración por difundir a noticia e solicitaban respecto nestes difíciles momentos.
Unha familia que na xornada de onte recibía o apoio do conselleiro de Presidencia Afonso Rueda, quen en nome da Xunta afirmaba que nestes momentos o único que se pode facer é acompañar aos achegados de Alejandra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará