Hoxe arrinca a campaña de promoción do comercio local da Asociación de Empresarios de Redondela que ten como agasallo 500 euros ao mes en vales de compra durante medio ano.
Esta é unha das novidades que recolle este ano a campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Redondela, que sorteará vales de compra por un valor de 500 euros ao mes para gastar durante medio ano nos locais asociados á Asociación de Empresarios local.
O colectivo empresarial tamén desenvolverá durante estas datas un programa de actividades de animación comercial na que se inclúe a instalación dunha carpa diante da Casa da Torre onde se organizarán actividades para os máis cativos e na que tamén poderán visitar a Papa Nöel.
A campaña de Nadal completarase con actividades musicais e de animación que percorrerán o centro urbano de Redondela así como as principais rúas de Chapela, co fin de amenizar as compras daqueles que decidan facelas no comercio local.