A Concellería de cultura informa de que un accidente do seu director e actor principal obriga a suspender a obra que estaba prevista para este mércores ás 20:00 horas no multiusos da Xunqueira
A representación da obra “Alambradas”, da compañía de David Fernández Rivera, prevista para a tarde do mércores, no Multiusos da Xunqueira, tivo que ser suspendida tras sufrir un accidente o director e actor principal da obra segundo informaron dende a Concellería de Cultura.
Un espectáculo teatral onde a poesía se sube ao escenario acompañada da danza, a música , o deseño escenográfico e a iluminación e que estaba incluída na programación do “Nadal Cultural 2009” que finalmente non poderá ser visto polo de agora en Redondela.