Os soportais do Concello albergarán dende as once da mañá do sábado os postos nos que se recollerán e intercambiarán aqueles obxectos que leven os veciños e aos que, aínda que se atopan en bo estado os seus propietarios xa non lles dan uso. A feira de troco estará centrada nesta ocasión nos xoguetes e agasallos.
O vindeiro sábado a partir das 11:00 horas nos soportais do Concello terá lugar unha nova edición da Feira de Troco que nesta ocasión estará centrada nos xoguetes e agasallos como alternativa ao consumo desmesurado destas datas.
Esta iniciativa pretende provocar na cidadanía unha reflexión sobre o modelo habitual de consumo do Nadal e pretende contribuír a construír un Nadal máis consciente da nosa relación co noso entorno
O sistema de trazo do sábado é moi sinxelo. As persoas interesadas poden levar aos soportais da Casa do Concello ata catro obxectos aos que non lle dean uso, máis que estean en bo estado. Entre as 11:00 e as 12:30 horas recolleranse ese obxectos entregándose un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:30 e as 13:30 os vales poderanse trocar polos obxectos depositados. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas nun mesmo obxecto darase prioridade á numeración dos vales.