Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco líder de Rexional Preferente tras golear ao Tomiño

RR_Noticias

Peor sorte correu o Soutomaior, que lle cedeu o primeiro posto ao Bahía, contra o que empatou este fin de semana. Tamén deixaban escapar tres puntos esta xornada o Arcade e en Terceira Autonómica, o Choco e o Nespereira. O Cesantes e o Arcade empataban.
 

Rexional Preferente
Choco-Tomiño (5-0). Xornada de goles en Santa Mariña que fixeron quecer aos douscentos seareiros que acompañaron ao Choco este fin de semana no seu encontro contra o Tomiño. Sen moito esforzo os choqueiros demostraron porque son os primeiros de Rexional Preferente. Na primeira parte xa anotaban dous tantos, o primeiro da man de Aitor Gómez, que executaría un penalti no minuto vinte, cometido sobre a súa propia persoa. Precisamente, Gómez sería o encargado de anotar tres dos cinco goles que os xogadores do Choco lle marcaron ao Tomiño, equipo que se viu en todo momento superados polo seu rival.
A piques de que rematara a primeira parte, no minuto corenta, o redondelán Michel, aumentaría a distancia cos xogadores do Baixo Miño. Na segunda parte, non houbo, moita novidade, malia que os xogadores do Tomiño tentaron igualar o marcador, os choqueiros, continuaron dominando o partido, tanto en posesión de balón como en oportunidades de gol, o que se reflectiría no tanto que anotaba, Aitor Gómez, o terceiro do partido. Dez minutos despois, Gómez facía triplete, e encaixaba na portería dos visitantes o cuarto tanto. O quinto gol dos choqueiros, chegaba no último minuto do encontro. Sería Isaac o encargado de pechar un marcador moi favorable para os locais, que grazas a estes tres puntos conseguiron desbancar ao Porriño Industrial da primeira posición. Así o Choco, queda como líder da categoría, antes das vacacións de Nadal, con 34 puntos, un máis, que o segundo e dous máis que o Estradense, o terceiro da categoría. A próxima xornada poderá continuar aumentado distancias cos seus rivais, xa que visita a casa do Barbadás, o noveno de Rexional Preferente, con 27 puntos.
Primeira Autonómica
Arcade-R.Bouzas (2-3) O Arcade sitúase entre os cinco último da categoría logo de perder contra o Rápido de Bouzas. Malia que era un partido difícil os de Arcade enfrontaban o encontro con esperanzas de poder rematar coa mala racha das últimas xornadas que os deixou no décimo quinto posto da táboa. Malia que estiveron a piques de igualar o marcador, oportunidades non lles faltaron, a defensa do Rápido de Bouzas e a mala sorte dos locais fixo que deixaran escapar tres puntos fundamentais para fuxir dos postos de cola. As expectativas para a vindeira semana non son moito mellores, xa que terán que xogar na casa do San Adrián o sexto da categoría que non vai deixar pasar a oportunidade para situarse entre os primeiros postos e acurtar distancias co Moaña e o Gondomar, que ocupan a cuarta e quinta posicións. Unha derrota que deixa ao Arcade empatado a 15 puntos co Grove, o décimo cuarto.
Segunda Autonómica
Chapela-Erizana (2-1) Chapela segundo da categoría despois de imporse ao Erizana por 2-1. Os chapeláns non defraudaron e cumpriron as previsións na casa. Aínda que a vitoria podería ser maior os locais deixaron escapar algunha oportunidade que non desaproveitaron os xogadores do Erizana, que estiveron a piques de igualar o marcador. Finalmente non o conseguiría e o Chapela sumaba tres puntos na casa, que lle serviron para converterse no segundo do Grupo 11, da Segunda Autonómica. Terá moito que pelexar se quere arrebatarlle a súa posición ao Guardés, xa que os separan 39 puntos. Os locais sumaron ata o momento 30 puntos, que os deixan con dous de vantaxe sobre o terceiro o Ribeira e o cuarto o Caldelas. A próxima xornada desprazaranse ata Coruxo, onde se enfrontarán co equipo local, que é o oitavo do grupo con 22 puntos.
Terceira Autonómica
Figueirido-Cesantes (2-2) Moi bo partido para o Cesantes esta xornada malia que non conseguiu levarse unha vitoria do campo do Figueirido. Non obstante os de Cesantes impuxeron unha férrea resistencia aos líderes da categoría, que tiveron que pelexar para non perder no seu propio campo. Dous-dous foi o resultado final dese encontro que lles permitiu aos de Cesantes demostrar que aínda teñen posibilidades para rematar entres os primeiros do grupo dezasete. Pero a próxima semana tampouco o terán nada sinxelo, xa que se medirán cun dos seus rivais directos, o Eizana, no seu campo. Un equipo que está situado dous postos por riba dos locais, con 30 puntos. Arestora o Cesantes localízase no sétimo posto con 27 puntos.
Soutomaior-Bahía (0-0). O Soutomaior cedeulle o liderado esta xornada ao Bahía, ao empatar con el. Un encontro con moitas expectativas, xa que enfrontaba a dous dos equipos máis fortes do grupo dezaoito da Terceira Autonómica, pero que finalmente quedaríase sen abrir o marcador para ningún dos equipos. Cero-Cero foi o resultado dese encontro, que deixa aos locais terceira posición con 31 puntos, empatados cos segundos, o Vilaboa e a dous puntos do líder o Bahía. O Praderrei será o seu rival na vindeira xornada, polo que non debería ter moita dificultade para continuar sumando puntos, xa que é o décimo da categoría, ademais xoga na casa.
Bueu-Arcade (1-1). Igual sorte correu o Arcade que tamén empataba co Bueu, o cuarto da categoría. Un bo partido, o dos locais, que conseguiron resistir os ataques do Bueu e anotarlles un tanto. Un-Un, así é como quedaría o marcador, o que deixa os locais na sexto posto con 22 puntos. Esta semana terán que preparar un encontro non moi complicado xa que visitarán o campo do Pontevedra, o noveno do grupo que conta con tres puntos menos que os de Arcade.
Teis-Choco (6-1). O Choco afúndese na sexta posición despois da goleada que lle anotou esta semana o Teis. Os locais non tiveron nada que facer contra o Teis que entrou no terro de xogo con moita forza e acerto e con moi poucos erros defensivos. Os que si estiveron presentes nos locais. Seis goles serían os que lle anotou o Teis ao Choco, que tamén conseguiría abrir o seu marcador, cun gol, aínda que lle serviría de pouco. Unha derrota que os deixa na sexto posto con vinte e cinco puntos. Empatados co quinto, A Guía, e o sétimo, o Lavadores. A vindeira semana xogarán na casa fronte ao Gran Peña, polo que terán a oportunidade de recuperar a boa racha das xornadas pasadas, xa que é o terceiro pola cola, tan só por diante, do Candeán B, o penúltimo, e o Vilar, que pecha a clasificación.
Nespereira-Barciademera (2-6). Igual de avultada foi a derrota do Nespereira esta xornada. Seis goles foi os que lle anotou o Barciandemera ao equipo local na súa casa, aínda que o Nespereira, tamén anotaría dous tantos. Unha derrota que non lle dá moito ánimo aos xogadores, xa que o equipo, no que vai de temporada só sumou, tres puntos, o que os sitúa no último posto. Non está moito mellor o seu rival da próxima xornada, o Oliveira, o quinto pola cola, aínda que contará co aliciente de xogar na casa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará