O Concelleiro de Vías e Obras asegura que o arranxo da conducción de auga realizarase en canto o tempo o permita para que o mercado de abastos poida recuperar a normalidade
O Concelleiro de Vías e obras, Manuel Iglesias lamenta as molestias que a rotura dun cano está a provocar entre os usuarios do mercado de abastos de Chapela. As pingueiras son continuadas e segundo informou o edil esto está a impedir o normal desenvolvemento das vendas “xa que hai quen ten que botar man do paraugas dentro do edificio”. Unhas incomodidades que o edil espera solucionar canto antes aínda que segundo explicou “as datas nas que nos atopamos están a atrasar o arranxo do caño xa que as empresas non poden traballar coa actual situación meteorolóxica”. Arranxo de camiños Por outra banda, Iglesias Carrera negou rotundamente as críticas feitas dende a Asociación de veciños de Chapela quen o acusaran de obviar as súas demandas sobre o arranxo de diferentes camiños da parroquia. O edil asegura que se está a traballar nesa parroquia e que xa se levan realizadas numerosas obras de mellora nos camiños, como no Cubillón ou no Pe do Pandeiro. Adiantou ademais que as actuacións que están pendentes serán realizadas no vindeiro mes de xaneiro, logo das datas do Nadal. Un mes no que tamén se acometerán outras obras de asfaltado, como a mellora do aparcamento na zona da depuradora de A Marisma, que actualmente se atopa cheo de fochas.