Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cabalgata de Reis repartirá 1.500 quilos de caramelos

RR_Noticias

O tráfico pecharase no centro urbano a partir das 18:00 horas para permitir o paso das cinco carrozas que este ano conforman a Cabalgata de Reis en Redondela. Os doces que se repartirá dende a Concellería de Cultura son sen gluten para permitir o seu consumo por parte dos celiacos

Os Reis Magos chegarán a Redondela na tarde de mañá nunha cabalgata formada por 5 carrozas que sairán ás 19:00 horas dende o Convento de Vilavella. Por este motivo, a partir das 18:00 horas pecharase ao tráfico o centro urbano dende a praza de Ribadavia ata a saída en Santa mariña.
A cabalgata percorrerá o centro da vila ata o campo da feira lugar no que dará a volta. No seu percorrido lanzará a grandes e pequenos un total de 1500 caramelos.
Uns doces que este ano serán sen gluten atendendo así ás peticións das persoas celíacas.
Xa o mércores o tráfico volverá restrinxirse no centro da vila ás 10 da mañá dende a praza da Farola, para permitir o desfile das Rondallas e Ranchos de Reis que amenizarán coa súa música e as súas cancións unha mañá marcada pola celebración de unha das feiras máis multitudinarias do ano aquí na vila.
Pallasos en Arcade
En Soutomaior as actividades para os cativos na xornada de mañá arrancará ás 17:00 horas cun espectáculo de pallasos no Multiusos de Arcade a cargo de “llilla e Fifo”. Está prevista a chegada dos Reis Magos ás 18:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará