Protección Civil informa de un atropelo e dúas colisións que se producían nas xornadas do sábado e domingo no municipio.
O último dos accidentes producíase ás 16:00 horas de onte na Avenida de Vigo en Chapela preto do Alto da Encarnación, cando un vehículo Volkswagen Passat atropelaba a un veciño da parroquia, que era trasladado a un centro hospitalario con algunas contusións. Tamén en Chapela pero na Avenida de Redondela media hora antes tivera lugar unha colisión entre dous turismos, un Renault Megane e un Fiat Coupe, un sinistro que deixaba un balance de catro feridos de carácter leve, tres homes de 23, 29 e 41 anos e o fillo de este último. Con todo, a accidente máis grave da fin de semana producíase o sábado ás 19:20 horas na N-550 á altura da gasolineira de Chapela cando a condutora dun vehículo que viaxaba en dirección Redondela invadiu o carril contrario chocando con dous automóbiles que viñan de fronte. En total foron 5 as persoas feridas que foron trasladadas en tres ambulancias con feridas de carácter leve. Un accidente que causou importantes retención na vía tanto en dirección Pontevedra como en sentido Vigo.