A OMIX de Soutomaior comeza ano cun amplo programa de actividades no que se inclúen a realización de diversos cursos que abordan temas tan dispares como a informática, a pintura, as actividades físicas, como capoeira ou batuka, así como actividades típicas do Entroido na terceira semana de febreiro.
Está aberto xa o prazo de inscrición nos cursos de informática orientados a todas as idades. Tamén os interesados poden anotarse en dous cursos con contidos máis específicos e orientados a maiores de 16 anos. O primeiro un curso de introducción ao tempo libre no que os asistentes aprenderán técnicas de animación e dinámicas de grupo si como un zuros básico de atención á dependencia e auxiliar de xeriatría. Ambos os dous obradoiros teñen unha duración de 50 horas e teñen un custe de 20 euros para os empadroados no concello e 40 para aqueles que non o estean. Os interesados deben face a súa inscrición antes do 18 de febreiro.
Xa no ámbito do lecer impartiranse tamén no multiusos de Arcade cursos de capoeira e batuka, así como de pintura..
E como non, en febreiro será o Entroido quen marque boa parte da programación da OMIX con obradoiros de cociña, de máscaras de Entroido, de maquillaxe e danza brasileira.
O número de prazas nestes cursos é limitado polo que se cubrirá por orde de inscrición. Máis información no número de teléfono 986 700 822 ou na páxina web www.soutomaior.com