Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol local anótase tres puntos

RR_Noticias

O Choco é líder de Rexional Preferente logo de gañarlle ao Arousa, o Chapela segundo de grupo ao vencer ao Coruxo B e o Soutomaior entre os tres primeiros. O único equipo local que perdeu foi o Nespereira, que perdía fronte ao Oliveira.

Rexional Preferente
Choco-Arosa (2-0). O Choco recupera o liderado do grupo en Santa Mariña despois de imporse por dous a cero ao Arosa. Os locais dominaron dende o primeiro tempo e non tiveron dificultade para abrir o marcador. O choqueiro Michel aproveitaría un despiste da defensa do Arousa no minuto vinte para anotar o primeiro tanto. Dez minuto despois o choco consolidaría a súa vitoria grazas a un pase de Aitor Gómez pola banda dereita a Vicente que remataba nos pes de Isaac encargado de anotar o dous cero, que lle daría o primeiro posto aos redondeláns. Despois destes dous tantos os choqueiros relaxáronse e estiveron a piques de permitir que os xogadores do Arousa reduciran vantaxes. Finalmente a falta de acerto nos lanzamentos a portería dos visitantes permitiríalles obter tres novos puntos e aumentar distancias co Porriño, segundo do grupo, con dous puntos menos que os locais, e o terceiro o Estradense, que está igualado co segundo a 36 puntos. A próxima semana terá a oportunidade de aumentar vantaxe cos seus seguidores, xa que se enfrontará co Hío, que visitará a noso concello. A priori non debería ter moitas dificultades xa que é o décimo segundo da táboa, con 25 puntos. Malia todo os choqueiros non deben confiarse xa que o Hío tentará rematar co empate que mantén co Caselas e o Xuventud.
Primeira Autonómica
Arcade-Juvenil (2-1) Os de Arcade non defraudaron aos seus seareiros e conseguiron unha vitoria na casa fronte ao seu rival directo o Juvenil, tan só un posto por riba dos locais. Os xogadores do Arcade saíron con forza ao terreo de xogo e dominaron os noventa minutos de encontro, tanto en posesión de balón como en oportunidades de gol. Aínda que o Juvenil opuxo resistencia e conseguiría anotar un tanto ao Arcade, os tres puntos quedaron na casa o que lle permite aos locais tomar un respiro, aínda que continúan nunha posición delicada. Son quintos pola cola e a próxima semana visitará a casa do Domaio, polo que non o terá nada sinxelo, xa que son os décimo primeiros do grupo e contan con seis puntos máis que os locais.
Segunda Autonómica
Coruxo B-Chapela (1-5) O Chapela segundo do grupo logo de golear ao Coruxo na súa casa. Os redondeláns demostráronlle ao Guardés líder do grupo que deben ter moito coidado xa que pelexarán para liderar a categoría. Esta semana sumaban tres puntos a súa clasificación malia que eran o Coruxo o que abría o marcador 25 minutos despois de comezar o partido. Pero o gol de Alex sería o único tanto que o Chapela lle permitiría anotar aos vigueses, que despois da media hora de partido baixaron a garda e se mantiveron ausentes do partido, o que lles serviu ao Chapela para anotar cinco goles. Aínda non pasaran dez minutos dende que abrira o Coruxo o marcador cando o chapelán Conde empataría o partido. Jesús sería o encargado de marcar o un tres, co que se pecharía a primeira parte do encontro. No segundo tempo non houbo moita novidade malia que o Chapela quedou cun xogador menos, logo de que Iago Moreno fora expulsado por dobre amarela. Os redondeláns seguiron sendo os protagonistas e Miguel, no minuto 55 e Gustavo cinco minutos despois serían os encargados de consolidar a vitoria do Chapela. Deste xeito, os redondeláns quedan na segunda posición a sete puntos do líder o Guardés. A vindeira xornada terá a oportunidade de acurtar distancias, xa que viaxará ata o Condado para xogar contra o equipo das Neves, situado na parte baixa da táboa, é décimo terceiro con 19 puntos.
Terceira Autonómica
Cesantes-Campañó (4-1) As expectativas cumpríronse este fin de semana no campo do Cesantes onde o conxunto local se enfrontou co Campañó. Catro un foi o resultado dun partido moi intenso onde os de Cesantes demostraron que aínda non teñen todo perdido. Tres puntos que reflicte o bo xogo do conxunto redondelán que dominou o partido sen dificultade, fronte a un Campaño que non foi quen de cruzar a súa metade do campo salvo en contadas ocasións. Un resultado que non deixa ao Campañó en bo lugar, queda terceiro pola cola. Mellor está o Cesantes, sétimo do grupo dezasete da Terceira Autonómica, unha posición na que se podería consolidar se vence, no próximo partido ao Campelo, contra o que xogará na súa casa. U equipo que se atopa na segunda metade da táboa, no posto décimo primeiro, con dezanove puntos.
 
Moaña-Soutomaior (0-1) O Soutomaior sitúase entre os tres primeiros do grupo logo de conseguir unha vitoria no outro lado da Ría. Este fin de semana os xogadores do Soutomaior visitaron o campo do Moaña, onde conseguiron anotarlle un tanto, que os deixa na terceira posición a tan só dous puntos do líder e do segundo, o Vilaboa e o Bahía, respectivamente, que están empatados a trinta e sete puntos. A vindeira xornada terá a oportunidade de continuar gabeando pola táboa xa que xogará na casa co Santomé, o cuarto pola cola, que só foi quen de sumar trece puntos no que vai de temporada.
Choco-Gran Peña (4-3) O Choco recupera o bo xogo e consegue situarse entre os cinco primeiros do grupo logo de vencer na casa ao Gran Peña. Partido cheo de goles onde os locais non as tiveron todas consigo, pero finalmente conseguirían os tres puntos, grazas aos catro tantos que lle anotou ao Gran Peña, que non lle deu descaso, e que estivo a piques de igual o marcador, aínda que finalmente só conseguiría reducir a vantaxe en tres tantos. Así as causas, o Choco, sitúase na quinta posición con 28 puntos e a próxima semana volve ser anfitrión e recibirá ao Lavadores, o noveno do grupo, que tentará desfacer o empate que mantén, a 25 puntos, co Casablanca, o Teis, e a Guía.
Oliveira-Nespereira (2-1) O Nespereira continúa coa mala racha desta temporada. Aínda que estivo a piques de empatar o partido, finalmente sería o Oliveira o que se levaría os tres puntos desta xornada, tras vencerlle por dous a un. Deste xeitos, os locais continúan no último posto, con tres puntos no seu haber. A próxima semana as expectativas non son moito mellores, xa que visitará a casa do segundo, o Progresista, que non vai deixar escapar a oportunidade de converterse en líder do grupo e arrebatarlle o posto ao Alpinista co que está empatado a corenta puntos.
Logo do descanso desta semana, o Arcade, retomará a competición a próxima semana cun partido fora da casa. E boa falta lle vai facer o descanso xa que se vai a enfrontar co líder do grupo o Vilaboa. As de Arcade están situados na sexta posición con 25 puntos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará