Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga Arquitectura adxudícase a redacción do proxecto da piscina de Chapela

RR_Noticias

O complexo náutico deportivo contará con tres plantas onde se instalará o club de remo e a cafetería, a piscina e o centro deportivo. O 75% da enerxía empregada nas instalacións procederá de fontes xeotérmicas  

O goberno municipal acordou hoxe adxudicar por valor de 116.000 euros a redacción do proxecto de construcción do centro de deportes acuáticos de Chapela á Arealonga Arquitectura. A empresa ten agora un prazo de algo máis dun mes para presentar o proxecto que inclúe o edificio na súa totalidade así como a urbanización do exterior. O interior estará dividido en tres andares: a planta baixa acollerá o club de remo, a cafetería e as instalación xerais, na primeira planta instalaranse a piscina, os vestiarios, o spa e as oficinas e o segundo andar destinarase ao centro deportivo. En total a superficie construída ascende a 3.761 metros cádrados, dos cales, 818 atenderán as necesidades do club de remo da parroquia Unha das propostas máis novedosas feitas pola empresa e que determinou en gran medida a concesión do proxecto foi, segundo explicou o concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias, é a aposta feita polo uso de enerxías alternativas de baixo impacto ambiental, como son as enerxías xeotérmicas e aguatérmicas que propoñen captar calor do chan así como da auga do mar. Estímase que a combinación de ambas as dúas enerxías permitirá abastecer o 75% das necesidades do complexo deportivo. Na contorna do edificio contémplanse novas prazas e espacios de circulación, coa creación dun espacio entre a nova edificación e o paseo marítimo que estará dotado de prazas de parking. A instalación deportiva na súa primeira fase deberán realizarse ao longo do 2010 co que a piscina de Chapela debería comezar a funcionar no prazo de un ano.

Emilio González edil de urbanismo
O complexo deportivo contará cunha superficie total de 3.762 metros cadrados
Enerxías xeotérmicas
A empresa propón extraer calor do chan e da auga do mar para cubrir parte das necesidades enerxéticas do edificio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará