Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mal tempo e as obras complican a circulación no centro urbano

RR_Noticias

A rúa José Regojo mantén aberto tan só un carril por mor das obras de acondicionamento do vial o que complica a entrada na vila dende Vilavella así como dende Reboreda

Na mañá de hoxe os condutores atopáronse con novos atascos no centro da vila, que se viron agravados pola afluencia masiva de vehículos aos colexios e centro educativos e polas fortes precipitación que se vivían na comarca a primeira hora da mañá.
A isto hai que engadir as obras que se retomaban na xornada de onte tanto na praza da Constitución, onde logo do cambio das canalizacións estase a proceder á colocación do firme, e na rúa Ernestina Otero, vial no que se están a colocar as beirarrúas ao carón do río Alvedosa.
Con todo, os principais atascos producíanse na entrada a Redondela dende o Convento de Vilavella así como dende a parroquia de Reboreda. As obras que se están a realizar na rúa José Regojo obrigaron a cortar un carril e regular a circulación cun semáforo á altura da praza de Ribadavia e outra no final da ponte baixo o viaduto. Unha actuacións que está a provocar retencións na zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará