Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Boas previsións do comercio local nas rebaixas de inverno

RR_Noticias

Os empresarios entenden que habilitar como zona de estacionamento o solar no que está previsto edificar o auditorio de A Marisma, tal e como propoñen dende o PP, non soluciona os problemas de estacionamento por tratarse tan so dunha medida provisional

As rebaixas que arrancaban no comercio local hai tan só dúas semanas están a deixar bos resultados en Redondela. Así o confirman dende a asociación de empresarios quen, aínda que carecen de estatísticas si constatan as boas sensacións dos comerciantes locais. Unhas rebaixas que, ao igual que no resto do estado, arrancaban con descontos de entro o 50 e o 70%,  rebaixas extraordinarias para afrontar a crise e as poucas vendas do período anterior. Os comerciantes confían en vender practicamente todo o produto en stock e salvar así o ano. Aparcamentos A asociación apoia a iniciativa dos populares, quen veñen de solicitar ao goberno local que soliciten os permisos correspondentes para habilitar como zona de aparcamento provisional os terreos do auditorio de A Marisma mentres non se inicien as obras de dito edificio. Con todo, os empresarios entenden que hai que buscar solucións definitivas ao problema de estacionamento existente na vila, sobre todo na zona de Vilavella, xa que no caso de adoptar medidas pasaxeiras os problemas de aparcamento continuarán no futuro.

Fran Peixoto
Boa previsións nas rebaixas
Aparcamentos
os empresarios piden solucións permanentes aos problemas de estacionamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará