Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento traslada os talleres de Renfe á estación de Redondela

RR_Noticias

As obras custarán case 11 millóns de euros. O proxecto inclúe a construcción dunha nave para almacenar o material das obras do AVE e tamén a mellora dos accesos á estación redondelá, co pavimentado da estrada e o aparcadoiro.

Terreos da estación de RENFE de Redondela acollerán os novos talleres de material rodante para a construcción do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Estes novos talleres construiranse no patio de vagóns da Estación redondelá, nuns terreos que actualmente non se utilizan. Ademais deste xeito contarán con acceso tanto para os convois que proceden de Guixar como os que chegan de Urzaiz. A nave contará con máis de 200 metros de longo por 28 de ancho e unha altura de máis de 6 metros. Acollerá oficinas, almacéns, comedores e aseos para os traballadores, ademais de espazo para o material técnico especializado para as obras ferroviarias. Isto suporá cambios na estación de Redondela e nos seus accesos. Modificarase a cabeceira do lado de Vigo para permitir o acceso dos trens  aos talleres e tamén a electrificación das novas vías. Ademais melloraranse os accesos á estación co pavimentado da estrada e o aparcadoiro.
As obras foron adxudicadas á Unión Temporal de Emrpesas (UTE) formada por Bruesa Construcción Raíl e Arias HErmanos Construcciones por 11 millóns de euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará