O vindeiro 25 de xaneiro finaliza o prazo para o pagamento dos recibos das Taxas pola recollida do lixo, entrada de vehículos (vaos), reserva da vía pública (taxis) e postos da feira correspondente o ano 2009.
Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio os recibos necesarios para realizar o pago nas entidades colaboradoras Caixanova ou Caixagalicia, deberán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, na Rúa Ernestina Otero 35 baixo, antes do 25 de xaneiro ( horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas).
Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva con sobrerecargas de prema regulamentarios.