Os vendedores ambulantes queixanse da existencia de postos que carecen da documentación necesaria para exercer este tipo de actividades sen que dende o Concello se realice ningún tipo de control
Os vendedores ambulantes que os días 6 e 21 de cada mes se achegan a Redondela para ofrecer os seus produtos na feira local critican a falta de control existente neste mercado. Aseguran que hai vendedores que carecen de permiso para desenvolver esta actividade o que supón unha competencia claramente ilegal.
Un vendedor que na mañá de hoxe está a participar nese mercado achegábase ao concello para deixar constancia do seu malestar ante unha situación que según asegurou “se repite feira tras feira sen que por parte das autoridades haxa ningún tipo de control”.
Non é a primeira vez que os ambulantes denuncian este tipo de feitos que afirman se producen en moitos mercados de toda a comunidade onde hai vendedores que eluden o pago de determinadas taxas e impostos e ofrecen a súa mercadoría sen contar coa tarxeta de rexistro de comerciantes que expide a xunta de Galicia.
Ante esta situación reclaman que se proceda á inspección e á apertura dun expediente sancionador a aqueles ambulantes que estean ao fronte dun posto e que non conten coa documentación en regra.