Esteban M.C. de 38 anos de idade foi detido na xornada de onte logo de ser sorprendido ao volante do seu turismo Volkswagen Passat cunha taxa de alcol que cuadriplicaba o permitido ao volante.
Os feitos producíronse ás 23:50 horas de onte cando unha patrulla da Policía Local observou un vehículo Volkswagen Passat que circulaba dando bandazos no cruce entre Santa mariña e a Avenida Mendiño. Os axentes déronlle o alto e comprobaron que o condutor do turismo, Esteban M. C. de 38 anos de idade e veciño de Cedeira, presentaba claros síntomas de embriaguez, motivo polo que procederon a realizarlle a proba de alcol, dando como resultado unha taxa que cuadriplicaba o permitido ao volante.
Comprobouse ademais que o condutor carecía de permiso de conducir que lle fora retirado ata o 2011.
Na xornada de hoxe o detido pasará a disposición xudicial acusado de condución temeraria baixo os efectos do alcol e quebrantamento de condena.