Ata o 31 de xaneiro pódese visitar no Multiusos de Arcade a Exposición Galiciadixital en horario de 10 a 14:00 e de 16-20:00 horas. Unha mostra na que o visitante pode interactuar con algún dos elementos expostos
A mostra itinerante Galiciadixital ten por obxecto achegar aos galegos de todas as idades o audiovisial e multimedia desenvolvido na comunidade. Na mostra fusiónase arte e tecnoloxía co fin de que os visitantes non sexan simples espectadores. Entre as diversas actividades e xogos que se realizarán destaca as “Cidades do Camiño” que permitirá aos usuarios un paseo virtual por diferentes zonas da ruta Xacobea.
Ademais co xogo ‘Aerodeslizadores por Compostela’ poderase coñecer a zona histórica da capital galega á vez que se compite con outros participantes nunha carreira virtual.
A exposición era inaugurada na mañá de hoxe polo alcalde da localidade, Agustín Reguera e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares