Durante tres días a circulación verase complicada polo centro urbano por mor das obras de asfaltado de Ernestina otero. As paradas de autobús desprázanse a Santa mariña e á N-550 á altura da ponte peonil
Os condutores que dende hoxe e ata o vindeiro venres circulen polo centro da vila vanse atopar novamente con problema nas circulación por Ernestina Otero. Esta rúa permanecerá cortada os día 27, 28 e 29 por mor das obras de asfaltado e reforma de beirarrúas.
O peche comeza hoxe motivo polo que a Policía Local habilitará rutas alternativas para os turismos dependendo do tramo que estea en obras, mentres que queda completamente prohibida a circulación para os vehículos pesados e autobuses.
Os usuarios do transporte público deberán desprazarse a Santa Mariña á altura da sala de festas Miramar e á N-550 baixo a ponte peonil onde durante estes tres días quedarán instaladas as paradas do autobús.
Dende o departamento de tráfico solicítase a colaboración dos condutores para evitar que eviten na medida do posible o acceso ao centro urbano.