O portavoz do BNG, Carlos Pazos acusa á concelleira popular, Francisca Canal de recorrer ao insulto canto carece de argumentos e de “empregar a mentira” para defender as súas posturas.
O edil nacionalista criticaba a “baixa catadura moral” de Francisca Canal despois de que a voceira do PP o acusara “de ser un lacaio do alcalde” ao remate do pleno que se celebraba na tarde do mércores. Un insulto que a popular lle dedicaba nada máis rematar a sesión que concluia de xeito precipitado logo de que a popular se negase a abandonar a sala tras ser expulsada polo alcalde, Xaime Rei por interromper ata en tres ocasións a intervención do portavoz socialista. Pazos, sen entrar a valorar o acontecido durante a sesión, entende que a única que está a incumprir de xeito reiterado as normas democráticas imperantes nos plenos é Canal, a quen acusa de faltar ao respecto ao resto dos membros da corporación.