Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A hostalería local promocionará o Xacobeo cunha guía para o peregrino

RR_Noticias

A partir do mes de marzo, ao comezo da Semana Santa, a Asociación de Empresarios porá en marcha a campaña de promoción do Xacobeo na nosa vila, que terá como principal actuación a publicación dunha guía de servizos para os camiñantes.  

Información sobre onde aloxarse en Redondela, onde comer, que facer e visitar, serán os puntos que recolla a guía que a Asociación de Empresarios publicará durante esta Semana Santa co gallo do Ano Santo. Así o decidiron esta tarde nunha xuntanza que reuniu a representantes da Asociación de Empresarios con membros da hostalería local na que se propuxeron distintas iniciativas para publicitar a nosa vila como referente no Camiño de Santigo e aumentar, así, o número de visitantes. Proxectos que polo momento aínda teñen que ser definidos e estudados nas vindeiras datas, para poder deseñar, segundo a Asociación de empresarios, unha proposta “articulada e coherente”, que presente unha imaxe unificada e atractiva de Redondela. A primeira desas actuación será a elaboración dunha guía que terá como público obxectivo aos camiñantes e que poderá adquirirse tanto en Redondela, como en todos os albergues do Camiño, así como nos puntos de orixe, para que, deste xeito, os peregrinos, á hora de planificar a ruta teñan presente a Redondela, como un punto importante ao confluír o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa. Unha proposta que recibiu o apoio de todos os hostaleiros presentes na xuntanza, que manifestaron “o seu respaldo a toda actuación que teña como fin aumentar o número de visitantes na nosa vila”. Ademais da guía destinada aos peregrinos a Asociación de Empresarios tamén editará, como ven sendo habitual, unha guía de promoción da hostalería local, que terá como referente a Festa do Choco. Os hostaleiros confían en que estas dúas publicacións, ás que se lle sumaran, outros proxectos de promoción servirán para mellorar os datos do último ano, que malia que non foron tan malos como noutras zonas da provincia, afirman que a crise tamén se deixou notar en Redondela.

Asociación Empresarios Xacobeo
Dende a Asociación apostan por realizar unha campaña coherente e articulada que permita aumentar o número de visitantes
Guía peregrinos
A guía que será publicada en Semana Santará conterá información de utilizade para o peregrino como onde aloxarse comer que facer así como datos de servizo.
Representante hostaleiros Jorge Fernández
Os hostaleiros manifestaron o se apoio á publicación da guía xa que entenden que toda actuación de promoción do Xacobeo será positiva para aumentar o número de visitantes con respecto aos do 2009.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará