Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Fornelos de 30 anos de idade detido na Operación Santo contra o tráfico de drogas

RR_Noticias

O detido formaba parte dun grupo organizado dedicado ao tráfico de drogas. Na operación a Policía nacional detivo a 8 persoas. Incautáronse 30.000 doses de heroína, 560 de cocaína, 8 gramos de hachis e 25.500 euros ademais doutros obxectos.
A droga, adquirida polo grupo na zona de A Guarda e Cambados servía para abastecer a outros vendedores de Vigo, Ferrol Valladolid e norte de Portugal

Axentes da Policía Nacional detiveron a un total de 8 persoas: M.S.C., de 46 anos de idade, J.M.M., de 55, e a súa compañeira sentimental N.P.V., de 33, a J.B.C., de 38, e a P.G.CH., de 30, todos eles domiciliados en Vigo a excepción da muller que residía en Nigrán e o mozo de 30 anos veciño de Fornelos de Montes como presuntos autores dun delicto de Tráfico de Drogas.
A investigacións iniciáronse o pasado ano nun intento de identificar e deter a un grupo de persoas que se dedicaban ao tráfico de drogas na zona de Vigo e arredores. Unha operación que permitiu a detención destas oito persoas, quen foron postos a disposición do Xulgado de Instrucción número sete de Vigo ingresando todos eles en prisión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará