Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A administración inviste 68.500 euros na reforma da Igrexa de Santiago en Arcade

RR_Noticias

Os feligreses poderán coñecer hoxe as melloras acometidas, que consistiron no cambio integral da cuberta da igrexa e no reforzo da bóveda e dos forxados ademais dunha restauración do interior.

As obras de mellora da Igrexa de Santiago de Arcade, unha construcción románica dos últimos anos do século XII ascenden a 68.500 euros. Unha obra que foi encargada e promovida polo Obispado de Tui-Vigo, pero que foi financiada pola Consellería de Cultura e Turismo quen aportou os cartos para realizar o cambio da cuberta e reforzar a bóveda e os forxados. A actuación completouse cunha achega dos feligreses da parroquia, que se adicou á remodelación e restauración do interior do templo relixioso.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, acompañada do párroco da igrexa de Santiago de Arcade e do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobaron onte o estado de ditas obras de mellora. Durante a visita as obras, delegada e alcalde puideron comprobar o estado das actuacións que se levaron a cabo, e que consistiron principalmente na desmontaxe da cuberta e demolición do falso teito de formigón que tiña anteriormente para cambiala por outra cubrición totalmente nova. Ademais, e á vista da solución proposta, plantexouse tamén o reforzo da bóveda central e dos forxados dos dous edificios anexos laterais co fin de evitar maiores riscos. 
Con todo, e despois de varios meses de traballos, os feligreses da parroquia de Santiago de Arcade poderán coñecer hoxe mesmo o resultado da obra, que xa está practicamente rematada, e que posibilitará retomar este fin de semana a actividade da parroquia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará