Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro funcionarios e un policía local vixían a legalidade dos postos na feira redondelá

RR_Noticias

A Concellería comezou xa a repartir entre os feirantes un carnet que certifica que contan con toda a documentación en regra. Con esta medida perséguese acabar coa competencia desleal que exercen os ambulantes ilegais  

As críticas dos feirantes, quen denunciaran hai un mes a competencia desleal por parte dalgúns vendedores que realizan esta actividade sen contar cos permisos e a documentación en regra, tivo xa onte a súa resposta por parte do Concello. Durante toda a mañá, catro funcionarios e un policía local percorreron os postos instalados no mercado para controlar que os ambulantes que estaban a exercer a venda na feira o fixeran con todos os permisos correspondentes e acabar así coa competencia desleal que exercen os vendedores ilegais. Co gallo de acadar ese obxectivo e favorecer aos máis de 200 vendedores que si cumpren coas súas obrigas a Concellería de Feiras e mercados que preside Manuel Iglesias está a repartir entre os ambulantes un carnet identificativo que facilite o seu traballo así como o dos vixilantes. Aquel posto que careza deste documento será levantado e a súa mercancía embargada, ademais de abrírselle un expediente sancionador. As inspeccións continuarán no futuro, cada día 6 e 21 para garantir que so oferten os seus produtos aqueles comerciantes que cumpran con todos os requisitos establecidos.

Manuel Iglesias responsable de feiras e mercados
O Concellerio recoñece que existía pouco control por parte do concello
carnet acreditativo
O Concello distriuirá un carnet a todos os ambulantes que estean en regra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará