Os feitos producíronse á 1:30 horas da madrugada de hoxe cando o detido foi sorprendido ao volante dun coche sen carnet cunha taxa de alcol que triplicaba o permitido.
Axentes da policía Local e Nacional que estaban realizando na madrugada de hoxe un control rutineiro de documentación detiveron a un veciño de Cesantes, C.S.M. de 52 anos de idade, como presunto autor dun delicto contra a seguridade do tráfico por conducir baixo cunha taxa de alcol de 0’85, triplicando o permitido.
Os feitos producíronse á 1:30 horas de hoxe cando os axentes, que estaban a realizar o control na Praza Santiago Apóstolo observaron un coche sen carnet que estaba a realizar manobras irregulares. Os axentes déronlle o alto e comprobaron que o condutor presentaba claros síntomas de embriaguez polo que se procedeu a realizarlle a correspondente proba de alcoholemia, que deu positiva.
O vehículo foi inmobilizado e o home detido e trasladado ás dependencias da Comisaría de Policía.