Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cacho do viaduto impacta contra unha vivenda por mor dos fortes ventos

RR_Noticias

Os fortes refachos de ventos deixaron onte múltiples incidencias na comarca. Dende primeira hora da tarde as chamadas á policía local foron constantes alertando de árbores caídas, colectores que se desprazaban polas estradas co conseguinte risco para os automobilistas e a caída de vidros da discoteca Míramar á beirarrúa.

O suceso máis espectacular dos deixados onte na comarca polo temporal foi o desprendemento dunha peza de ferro do viaduto. A rede, que dende hai meses rodea a estrutura metálica precisamente para impedir que posibles desprendementos acaben danando a coches ou viandantes, non impediu que onte un cacho da ponte acabase incrustada na galería dunha vivenda no paseo da Xunqueira.
Por outra banda, varios vehículos estacionados baixo o viaduto víronse danados pola caída de polas sobre os seus parabrisas. Tamén na zona de Santa mariña, vidros da antiga discoteca Miramar acabaron no chan por mor dos fortes ventos e na zona de A Marisma unha árbore caiu sobre o valado do paseo do Río Pexegueiro.
E a todas estas incidencias hai que engadir as intervencións de protección civil en diferentes puntos do concello para retirar os colectores das estradas: en As Cardosas, na rotonda de entrada á vila e en diferentes parroquias do municipio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará