O delicto foi cometido en abril do 2008. O longo proceso de pescuda levou aos axentes da Policía Nacional a deter na mañá de onte a M.P.D. de 43 anos de idade como presunto autor do roubo
Axentes da Policía Nacional detiveron onte en Redondela a un home de 43 anos como presunto autor dun delicto de roubo acontecido en abril do 2008 no garaxe dun edificio na rúa Areal en Vigo. O agora detivo rompera unha das fiestras do vehículo sustraendo do interior do mesmo un dvd con cargador, unha radio, un teléfono móbil, a documentación do coche e diversas prendas de roupa.
A investigación permitiu a identificación do autor do feito, polo que se estableceu un operativo de procura que rematou onte pola mañá coa localización e detención do sospeitoso no Paseo da Xunqueira.
O detido conta cun antecedente policial anterior e pasou xa a disposición do Xulgado de Instrucción número dous de Redondela