Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa ao PP de amparar ilegalidades urbanísticas

RR_Noticias

Dende o PSOE cualifican de inconsistentes as declaracións da voceira do PP nas que acusaba ao goberno local de permitir incumprimentos urbanísticos por non ter aprobado o PXOM

Os nacionalistas entenden que a decisión do PP de manter nas filas do seu grupo municipal a Herminda Quelle, rexente do local de hostalería que ven de ser paralizado polos servizos de urbanismo en Rande, ampara este tipo de infraccións e converten a Canal en cómplice dos feitos. O voceiro do BNG, Carlos Pazos, é rotundo ao afirmar que é incompatible estar na corporación e cometer infracción urbanísticas. Entende que “a única saída posible é que a edil deixe a corporación e que o PP asuma que non se pode levar nas lista a xente que incumpre a normativa municipal”. Acusan a Canal de botar balóns fora responsabilizando da ilegalidade ao goberno por non ter aprobado o PXOM xa que é “como se responsabilizas á vítima dun roubo por terse deixado roubar”. No mesmo sentido se manifestaba o alcalde, Xaime Rei, quen puntualizaba que a non aprobación do Plan Xeral “non xustifica as irregularidades, as cometa unha concelleira do PP ou calquera outro veciño”. En canto á suposta mala fe dos servizos urbanísticos, Rei é contundente ao cualificar esas declaración de “tontería”. O tema está agora en mans dos servizos urbanísticos onde hai aberto un expediente en base ao cal se paralizou a obra de ampliación que se estaba a realizar no local de hostalería.

Carlos Pazos BNG
O edil acusa a Canal de amparar ilegalidades urbanísticas
Expediente en urbanismo
Pazos califica as palabras de Canal de "acto de irresponsabilidade"
Xaime Rei PSOE
O alcalde lembra que a non aprobación do PXOM non xustifica as ilegalidades
Persecución
Rei critica as declaracións de Canal nas que insinuaba unha posible mala fe por parte dos servizos urbanísticos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará