A Plataforma Salva o tren, que esta tarde imparte unha charla coloquio no Mulitusos da Xunqueira denuncia que a entrada do AVE en funcionamento suporá unha reducción na frecuencias dos trens e un encarecemento no prezos dos billetes
O coordinador xeral de Salva o tren, Fernando Gómez, asegura que a situación de empeoramento que se ven sufrindo no servizo ferroviario galego responde a unha situación de discriminación histórica na comunidade, xa que Galicia é a única autonomía do estado que carece dun servizo de proximidade en funcionamento así como a única comunidade na que se está sustituíndo o servizo de ferrocarril convencional polo AVE. Sobre as repercusións que a entrada da alta velocidade van ter en Redondela, Gómez Camarero asegura que “vai supoñer unha reducción na frecuencia dos trens, que pasarán de 20 servizos diarios a tan só seis, a eliminación de tres das catro estacións actuais e o incremento no prezo dos billetes, que poderían incluso triplicar o seu custe” Precisamente para falar do futuro do tren de proximidade en Galicia celebrase esta tarde ás 19:30 horas unha charla no multiusos da Xunqueira convocada pola plataforma contra a autovía e a asociación Alén Nós. Ademais de Fernando Gómez participan a voceira de Salva o tren, Lucía Latorre e o enxeñeiro técnico en obras públicas, Manuel Xesús Amenedo.