Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aqualia aplicará as novas tarifas no vindeiro recibo da auga

RR_Noticias

O goberno local, cos votos a favor de PSOE e BNG aprobou hoxe de xeito definitivo a nova ordenanza fiscal que regulará a taxa de auga e saneamento logo de rexeitar as alegacións presentadas. PP e Partido galeguista votaron en contra da modificación que “suporá un incremento global dun 24%”

Os populares reiteraron a súa negativa a apoiar unha modificación nas tarifas que aplica Aqualia porque este cambio “suporá un incremento do 24% nos recibos”. Unha suba que cualificaron de excesiva” tendo en conta a  situación de crise na que nos atopamos e os problemas de moitos fogares para afrontar servizos de primeira necesidade”. Dende o PSOE, o concelleiro de asuntos económicos, Emilio González Iglesias, recoñeceu que a suba global pode superar o 20 por cento, pero puntualizou que o 58% dos fogares redondeláns pagarán menos do que viñan pagando ou continuarán pagando o mesmo, xa que coa modificación “foméntase o aforro e se gravan a aqueles usuarios con grandes consumos”. Así, asegurou que máis da metade dos fogares redondeláns consumen menos de 5m3 mensuais “cantidade que están pagando actualmente”. O edil socialista criticou ao PP por “seguir políticas de incrementar o custe dos servizos naqueles concellos nos que gobernan mentres se opoñen a incremento menores nas administracións nas que exercen de oposición. Finalmente, González Iglesias lembrou na súa intervención que a modificación no recibo ven provocada tamén pola nova directiva europea da auga que obriga a cobrar aos usuarios “so pola cantidade de auga consumida” canto ata o de agora por defecto se pagaban 30 m3 trimestrais aínda que se tivera consumido moito menos”.. A modificación, que foi aprobada no pleno extraordinario celebrado na mañá de hoxe cos votos en contra de PP e Partido Galeguista, será aplicada no recibo correspondente ao segundo semestre do ano.

Paqui Canal PP
A voceira popular critica a suba no servizo en tempos de crise
Emilio González Iglesias PSOE
Os socialistas defenden que as novas tarifas fomentarán o aforro
Críticas aos populares
González Iglesias critica que o PP promova subas nos concellos onde goberna e vote en contra cando forma parte da oposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará