As diferenzas salariais entre homes e mulleres ou as repercusións da crise no sector feminino son dous dos argumentos que se analizarán ás 19:30 horas de mañá na Casa da Cultura. Un acto organizado pola Concellería de Igualdade no que participarán sindicalistas de CIG, CCOO e UXT.
A mesa Redondela arrancará as 19:30 horas e contará coa presenza da responsable de Igualdade e Mocidade da Confederación Intersindical Galega (CIG), Placer Vila. a responsable de Muller e Políticas de Igualdade de Comisións Obreiras (CCOO), Elena Rodríguez e a Secretaria da Muller da Unión Xeral de Traballadores (UXT), Angela Arias.
As sindicalistas analizarán a situación actual das mulleres en relación ao emprego e as consecuencias directas que a crise está a provocar no sector feminino centrándose en temas como as diferenzas salariais entre homes e mulleres, as dificultades que atopan as mulleres na súa promoción profesional e as barreiras ás que se deben enfrontar as mulleres no acceso ao mercado laboral.
Unha actividade organiza pola Concellería de Igualdade dentro do Marzo-Muller e que continuará o día 26 cun concerto no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas.