O BNG de Soutomaior denuncia o POL por seren “tremendamente agresivo coa localidade” e por estar “ao servizo dos promotores”, xa que permitirá construír a menos de 200 metros do litoral en zonas que ata o de agora estaban protexidas mentres que deixa afectadas vivendas centenarias.
O partido nacionalista, quen presentará unha moción no pleno que se celebra en Soutomaior o vindeiro xoves, reclamará ao Concello que facilite aos veciños a tramitación de alegacións e que solicite á Consellería de Medio Ambiente e territorio a retirada do Plan cuxa aprobación inicial se agarda par o 15 de maio Ademais de criticar “o oscurantismo” co que está redactado o documento denuncian que en Arcade se elimina a carballeira do Peirao como zona protexida mentres que non se protexe nin o río Verdugo nin tampouco un só bosque. Pola contra fica afectado polo POL todo o núcleo urbano -Roxelio Landeiro, Coutada e parte da rúa Xosé Solla- o que “obrigará aos propietarios a catalogar e a presentar perante a Xunta calquera tipo de reforma ou construcción e advirten que mesmo o goberno galego podería “ordenar o derrube das vivendas” O portavoz municipal do BNG en Soutomaior advirte que o plan “en vez de estar pensado para a poboación en xeral está pensado só para uns poucos” xa que hai propiedades perfectamente limitadas dentro das zonas de protección paisaxística que quedan sen preservar”.