Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preto de dous mil usuarios empregaron o servizo Noitebús nos dous primeiros meses do ano

RR_Noticias

As liñas de autobús que comunican en horario nocturno o centro de Redondela con Vigo durante as fins de semana foron empregadas durante os meses de xaneiro e febreiro por un total de 1890 persoas. O prezo do billete ida e volta é de dous euros

Un servizo que funciona dende as once da noite ata as catro da madrugada e que permite desprazarse durante boa parte da noite por unha tarifa unificada, conectando Vigo e Redondela nun intento de que o sector da poboación que se despraza ás zonas de “movida” non empregue o coche particular.
O prezo do billete para os usuarios continúa sendo de 2 euros (ida e volta), importe moi accesible co que se pretende evitar os desprazamentos en vehículo particular como medida para reducir a sinistralidade viaria.
Ademais de desprazarse á cidade olívica o Noitebús comunica tamén o centro da vila coas parroquias do municipio, nun servizo que funciona de igual xeito os venres, sábados e vésperas de festivos.
A Dirección Xeral de Mobilidade sinala que ao longo dos dous meses de xaneiro e febreiro, un total de 78.714 usuarios empregaron os servizos de Noitebús. O éxito deste servizo vén avalado por un continuo incremento da demanda, consolidando o NoiteBús como unha alternativa cada vez máis clara ao vehículo privado. Cabe citar que as liñas que rexistraron un maior número de usuarios foron: Ribeira-Padrón, 2.454; Carballo-Ordes-Carballo, 1.732; Cambre- A Coruña, 1.212; A Coruña- Betanzos, 2.145; Redondela- Vigo, 1.890; Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago, 2.598; e Marín- Pontevedra, 1.448.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará