A proba disputarase este sábado, tres de abril, diante do Paseo de Cardona, en Chapela, a partir das 16,30 horas. Os remeiros locais parten como favoritos en todas as categorías.
Sete serán as embarcacións que percorran a Ría de Vigo na XIV Bandeira Concello de Redondela de Bateis que se celebra este fin de semana en Chapela. Catrocentos deportistas pertencentes a trece clubs de toda a provincia pelexarán por levarse o primeiro posto aínda que os de Chapela parten como favoritos en todas as categorías, masculina, xuvenil e feminina.
A bandeira disputarase nas categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior, con tripulacións masculinas, e promesas, xuvenil e absoluta, con tripulacións femininas. As probas nas que teremos como representación local ao Clube de Remo Chapela e o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, comezará o sábado, tres de abril a partir das 16.30 horas. Aos equipos locais sumaráselles os remeiros do Náutico, Coruxo e Virxe da Guía, de Vigo; Robaleira de A Guarda; Meira e Tiran, de Moaña; Bueu, Vila de Cangas; Amegrove, Mecos e Vilaxoán, da zona do Salnés.