Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A industria téxtil e a perda de dereitos laborais a debate no cine-forum de Loaira

RR_Noticias

A Asociación de Consumo Responsable Loaira proxecta mañá mércores ás 20:30 horas o documental “China Blue: análise da industria téxtil chinesa”  sobre as consecuencias sociais da industria do téxtil no xigante asiático e as súas repercusións a nivel mundial. O colectivo celebra o sábado unha nova edición da feira de troco.

O documentario “China blue” de Micha X. Peled será proxectado o mércores 14 de abril ás 20,30 horas no Multiusos de Redondela, cun posterior tempo para o debate. O filme acompaña a vida de dúas traballadoras dunha fábrica téxtil de China: as súas condicións laborais, a relación co xefe, a súa vida fóra da fábrica,… A maioría da roupa que se compra ao redor de todo o mundo está elaborada en fábricas do sudeste asiático por mulleres e en condicións laborais precarias. A continuación haberá tempo para o debate no que se reflexionará sobre a necesidade dun consumo máis responsable así como da perda de dereitos laborais que estamos a experimentar tamén na nosa contorna. Feira de troco O sábado chegará aos soportais do concello unha nova edición da feira de troco. En horario de 11 a 14 horas todas as persoas que queiran unirse a esta iniciativa poderán levar como máximo cinco obxectos en bo estado para intercambialos con outras persoas. Poden ser obxectos de decoración, xoguetes, libros, electrodomésticos pequenos, menaxe, roupa,… O obxectivo da feira é por un lado práctica: que obxectos que nós xa non precisamos poidan seguir sendo útiles para outras persoas; pero tamén ten outro obxectivo divulgativo que pasa por chamar a atención á necesidade de consumir menos e aprender a reutilizar como xeito de vida máis responsable.

Paulo Jablonski
A proxección é unha excusa para incitar o debate
Feira de troco
Reutilizar como xeito de vida máis responsable

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará