A actividade comezará ás 20:00 horas cunha lectura de poemas infantís e avanzando despois cara outros enfoques máis xuvenís e adultos. Ademais poderá verse tamén algúns dos seus videopoemas.
A biblioteca de Chapela celebra o seu quinto aniversario coa presenza da poeta Yolanda Castaño, unha das escritoras máis recoñecidas do panorama galego actual. Castaño, recoñecida escritora, guionistas e presentadora televisiva, é tamén unha moi activa dinamizadora cultural, que colabora en medios de comunicación escrita e organiza recitais poéticos. Dende a biblioteca entenden que a súa calidade como escritora unida a súa popularidade fan de Yolanda Castaño a mellor protagonistas para conmemorar os cinco anos dende que entrada en funcionamento a biblioteca que se atopa no Multiusos do Piñeiral do Crego.