Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo do Chapela compite con cinco embarcacións no Campionato Galego

RR_Noticias

Este domingo dispútase na Pobra do Caramiñal a fase final da proba galega. O club redondelán, que se impuxo a pasada fin de semana na Bandeira Concello de Cangas, participará con cinco embarcacións. Desde Chapela aspiran a clasificarse para o Campionato Nacional, que se disputará os días 24 e 24 deste mes en Ferrol.

BateisDespois do éxito do Club de Remo de Chapela na Bandeira Concello de Cangas, a próxima cita será este domingo na fase final do Campionato Galego de bateis, en augas da Pobra do Caramiñal. Na proba, coñecida tamén como Trofeo Conde de Fenosa, os 21 clubs participantes pelexarán, ademais de polos títulos de cada categoría, polas tres prazas para o Campionato Nacional, previsto para os días 24 e 25 deste mes en Ferrol Para a proba galega os de Chapela clasificaron un total de cinco embarcacións, das seis coas que competían. Na categoría feminina participarán en xuvenís, e na masculina haberá representación en todas as probas: infantil, cadete, xuvenil e absoluta. Desde o club o presidente Fernando Collazo móstrase optimista e moi satisfeito co traballo dos remeiros, e asegura que todos os barcos sairán ó mar “para facerse cun posto na proba nacional”. O feito de que a regata se dispute en terras galegas é ademais unha vantaxe para o club, xa supón “menos gastos” e a posibilidade de que máis afeccionados se despracen para animalos. Collazo avanzou tamén que de cara ó verán porán de novo en marcha a Escola de Remo, dirixida a rapaces e rapazas, que teñen así a oportunidade de coñecer este deporte e practicalo. En moitos casos a escola de verán “engánchaos”, e seguen practicando remo, pasando a formar parte da canteira do Club de Remo de Chapela.

Fernando Collazo presidente do club
Desde o club amósanse satiseitos cos resultados da temporada
Campionato Nacional
Collazo aspira a clasficarse para a proba de Ferrol
Escola de Verán
O Club de Chapela volve a convidar ós nenos a coñecer o remo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará